sábado, 27 de abril de 2024

Chegan os Maios!

       Os Maios é o nome da festa popular galega na que se fai unha exaltación da natureza ao comezo da primavera. Os seus orixes remóntanse as civilizacións prerromanas.

       A Festa dos Maios da a benvida á estación a base de natureza, música e desfiles. Unha cita  que se caracteriza polas construcións de figuras con elementos naturais como ramas ou flores, coñecidas coma maios. Durante os primeiros días do mes de maio ten lugar esta festa, tendo o seu epicentro nas provincias de Ourense e Pontevedra.
       

      O maio pódese manifestar de diferentes formas:

A árbore do Maio

       Esta modalidade mantense en poucas localidades, como Laza. Consistía en cortar a mellor árbore e chantala na praza principal. Como consecuencia da cristianización desta festa de orixe pagano, en moitos lugares convertiuse nunha cruz. É o caso do barrio de Canido (o cruceiro é o único de Galicia que se adorna o 3 de maio, coincidindo coa festa da Santa Cruz).



O Maio humano

       O maio humano estaba formado por nenos e nenas que se vestían con ramas e fiúnchos, bailaban e facían arcos de flores. Eran propios do norte de Galicia, pero na actualidade xa non existen.

O Maio figurativo

       É a forma más extendida e á que calquera galego lle vendría á cabeza ao pensar nos maios: as estruturas cónicas ou piramidais que se adornan con motivos vexetais. Froito da evolución destas esculturas, xurdiron despois os maios artísticos, que poden ter calquera forma.



      Pero o que máis triunfa, sobre todo nas Rías Baixas, é o Maio figurativo. Como o que imos elaborar no colexio a próxima semana e co que imos celebrar o venres 3 de maio o noso "Maio do Mosteiro".




      Moi importante é a musica que rodea os Maios. Desfrutade!





           
      Próximamente teredes unha mostra do noso Maio!!!



domingo, 25 de febrero de 2024

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO (2ª PARTE)

       ROSALÍA VIAXEIRA

      Ofrecémosvos a mostra do traballo de todas as clases do cole que aínda podedes desfrutar na entrada do cole. Noraboa!












domingo, 18 de febrero de 2024

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO - 23 DE FEBREIRO DE 2024

 Bo día mosteiriñas e mosteiriños!

       Como cada ano, o 23 de febreiro conmemoramos no aniversario do seu nacemento, o día de Rosalía de Castro, a nosa escritora galega con máis sona no mundo enteiro.




       Para mostrar a súa relevancia e pegada na nosa cultura, desde o equipo de dinamización fixemos a proposta de viaxar por diferentes lugares ou espazos dedicados a esta poetisa e novelista galega: rúas, monumentos, rutas, institucións... e incluso fóra do noso planeta!


"ROSALÍA VIAXEIRA"

       

       Axiña coñeceredes o resultado desta viaxe con Rosalía!


       Mentres, ide desfrutando da súa poesía con esta versión musicada de Uxía.