miércoles, 1 de diciembre de 2021

RETO 3: DECEMBRO

Estimadas familias e alumnado,


Novamente por aquí para compartir con vós o 3º RETO EN GALEGO, último deste primeiro trimestre. Preparados e preparadas? Imos logo!

Nesta ocasión, traemos unha única proposta para os nosos queridos mosteiriños e mosteiriñas. Adiviña adiviñando, a solución atopando... sabedes xa que pode ser?

Pois si! Unhas cantas adiviñas cunha temática que seguro coñecedes ben, xa que no cole Mosteiro xa se respira certo ambiente festivo 🎄🎉

Se non sabedes algunha resposta, seguro que as vosas familias poden axudarvos (un chisquiño) 😉



Preme na imaxe para AMPLIAR ↑



Desexando ver as vosas respostas. Tic, tac, tic, tac... o tempo empeza a correr! Este mes, por mor das vacacións, antes do 21 de decembro no sobre da túa aula a resposta debes poñer!

Mosteiriños e mosteiriñas... a darlle á LINGUA GALEGA!

Vémonos no seguinte 👋




viernes, 5 de noviembre de 2021

RETO 2: NOVEMBRO

Estimadas familias e alumnado,

Pasamos de novo por aquí para compartir con vós o 2º RETO EN GALEGO. Preparados e preparadas? Aquí o tedes!

Nesta ocasión, traemos dúas propostas, unha delas para os mosteiriños e mosteiriñas máis pequenos do cole, os nosos nenos e nenas de infantil, e outra para os rapaces e rapazas de primaria, que require un chisco máis de investigación 👀

Por suposto, se queredes realizar os dous retos, ADIANTE! 



RETO INFANTIL. PREME NA IMAXE PARA AMPLIAR ↑





RETO PRIMARIA. PREME NA IMAXE PARA AMPLIAR ↑



Desexando ver as vosas respostas. Lembrade, para este reto de CIENCIA, moita PACIENCIA!

Tic, tac, tic, tac... o tempo empeza a correr! Antes do 28 de novembro no sobre da túa aula a resposta debes poñer!

Mosteiriños e mosteiriñas... a darlle á LINGUA GALEGA!

Vémonos no seguinte reto ☺





sábado, 23 de octubre de 2021

SAMAÍN!

 Xa está aquí, xa chegou!

Benvidos e benvidas ao Samaín no Mosteiro! 


Nesta publicación poderedes atopar unha pequeniña guía para preparar a vosa cabaza de Samaín para a exposición da escola e unhas cantas ideas para contaxiar aos vosos almorzos de media mañá a maxia do Samaín. Comezamos!



Preme para ampliar ↑






Velaquí unha receita dun doce tradicional típico nas conmemoracións galegas
do Samaín ou Entroido. Preme para ampliar ↑






Preme para ampliar ↑


Mosteiriños e mosteiriñas, non esquezades gozar moito deste Samaín en galego!

domingo, 3 de octubre de 2021

RETO Nº 1: OUTUBRO

 RETO Nº 1: OUTUBRO

Estimadas familias e alumnado,

Pasamos de novo por aquí para compartir con vós o 1º RETO EN GALEGO. Preparados e preparadas? Comezamos:

Preme na imaxe para AMPLIAR

Preme na imaxe para AMPLIAR ↑


Lembrade mosteiriños e mosteiriñas... a darlle á LINGUA GALEGA!

Vémonos no seguinte reto ☺

martes, 28 de septiembre de 2021

GALEGO NO MOSTEIRO: CURSO 21/22

 

BENVIDOS E BENVIDAS


Estimadas familias e alumnado, 

Comezamos novo curso e con el retomamos o noso blogue GALEGO NO MOSTEIRO 🎉

Este novo ano escolar comeza con moitas novidades, entre elas: os retos mensuais en galego!

Queredes participar? Si verdade? Moi atentos e atentas, deixamos unha breve explicación:

  • Os retos comezan en outubro e rematan en maio.
  • Publicarase un novo reto ao comezo de cada mes (ao longo da primeira semana).
  • Meditade ben a vosa resposta, consultade na casa coas vosas familias e cando a teñades segura...
  • Podedes depositala no sobre de retos que teredes nas vosas aulas.
Velaquí o sobre de retos ↑ Poderedes atopalo polas vosas aulas!
  • Moito ollo! 👀 Debedes deixar a vosa resposta no sobre de retos antes do día 28 de cada mes. Ademais da resposta, non esquezades por o voso nome, apelidos e curso.
  • Nun listado que teredes na aula aparecerá o alumnado que participe nos retos e os seus acertos.

Animádevos a participar! Ao final de curso teremos unha pequeniña sorpresa 🎁 para aqueles e aquelas que acerten todos (ou case todos) os retos.

Mosteiriños e mosteiriñas... a gozar coa LINGUA GALEGA 👅

Lembrade, vémonos en outubro co 1º reto. Agardámosvos!