lunes, 16 de diciembre de 2019

AS NOSAS ÁRBORES FAN FRAGAS

AS NOSAS ÁRBORES FAN FRAGAS



Coa finalidade de coñecer o gran tesouro que temos en Galicia : as fragas, o alumnado do noso Centro recolleu información e elaborou fichas informativas sobre as árbores máis comúns da nosa contorna.


Aquí tedes unha mostra do seu traballo.












martes, 21 de mayo de 2019

XINCANA Antón Fraguas

Hoxe queremos amosarmos todo o que fixemos o xoves pasado ......Unha xincana moi divertida onde amosamos todo o que sabiamos de Antón Fraguas que non era pouco.


Fixemos doce probas na que por grupos e axudándonos uns a outros puidemos completar o CÓDIGO SECRETO que era o nome e apelido do autor.

Algunhas destas probas foron:

 Proba Nº1 : Concurso de preguntas KAHOOT nela tiñamos que respotar varias preguntas por cores e formas xeométricas onde só unha era certa .


Nenos e nenas de Infantil no Kahoot
Prona Nº 2: Unha mensaxe moi especial era a segunda proba na que os nenos e nenas escaneaban un código QR onde o mesmo Antón Fraguas facíanos preguntas.
Nenos/as de Infantil escoitando Antón Fraguas





Proba Nº 3: A quebrar as cabezas! Nela os nenos e nenas tiñan que facer un puzzle onde o resultado final era a imaxe de Antón Fraguas 
Nos/as de Primaria facendo o quebracabezas





Proba Nº 4; A correr! Ordear as letras era o obxectivo e así o fixeron! 


Proba Nº5: Pasapalabra! Respotar as preguntas coa letra asociada foi a proba a facer e fixeron moi ben!
Rosco de Antón Fraguas



Proba Nº 6: Resolve a encrucillada! Nela cada equipo debía resolver unha palabra do encrucillado. 




Proba Nº 7: Visita ao Museo do pobo Galego! na que os nenos e nenas debía emparellar imaxes dadas.

Proba Nº 8: Ollada ao traxe tradicional galego! Asociar palabras e imaxe dos traxes tradicionais galegos 

Proba Nª 9 e 10: Cantar e adiviñar eran os retos desta proba e saíron xenial!

Proba Nº 11 e 12: na que fixeron o xogo popular "Que che toque, que non te toque" e buscar pistas de obxectos tradicionas galegos.




Dende o Equipo de DINAMIZACIÓN LINGUÍSTICA damos os PARABÉNS a todos os nenos/as do CEIP MOSTEIRO por  a súa entrega e entusiasmo en facer e completar as probas!


PARABÉNS RAPACES E RAPAZAS !!

jueves, 2 de mayo de 2019

COMEZAMOS COS PREPARATIVOS DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS


No CEIP Mosteiro xa comezamos a preparar o día das Letras Galegas que este ano vai adicado a Antonio Fraguas.
Os nenos/as de Educación Infantil e Educación Primaria fixemos un mural conmemorativo a dito autor, profundizando na súa vida e as súas obras.
Ademáis estamos a preparar unha serie de probas sobre a súa vida xa que faremos unha XINCANA na que deberemos averiguar a pista final agochada entre toda a escola! Pero iso xa o iremos contando máis adiante...
Aquí os deixamos as fotografías da realización do mural e unha serie de links por se queredes saber máis cousas de este autor tan interesante!

MURAL FEITO POR OS NENOS/AS DE INFANTIL E PRIMARIA

OS NENOS/AS DE 6º TRABALLANDO NO MURAL









Aquí os deixamos os enlaces para que poidades traballar e ver máis sobre a vida de Antonio Fraguas 


ACTIVIDADES PARA TRABALLAR PINCHA AQUÍ:↓



miércoles, 24 de abril de 2019

CÁPSULAS DO TEMPO

                                                         
Os recordos son o máis valioso que podemos ter, e cheas de recordos están estas cápsulas do tempo: mensaxes, fotos, obxectos… que  atoparemos ó final da nosa etapa de Educación Primaria
Parabéns polo voso traballo !
Aquí os deixamos unha mostras do chulas que quedaron as cápsulas do tempo!










Os alumnos/as do CEIP Mosteiro entregando as Cápsulas do tempo