GALEGO NO MOSTEIRO
Blog do equipo de dinamización lingüística do CEIP Mosteiro Bembrive
sábado, 16 de mayo de 2026
viernes, 8 de mayo de 2026
O Maio das Letras I
Ola mosteiriñas e mosteiriños!
Este ano, a Real Academia Galega da Lingua Galega dedica o Día das Letras Galegas a Begoña Caamaño.
"Escribo porque leo"
Unha viguesa, literata e xornalista.
Aquí tedes un vídeo que nos fala da súa vida e da súa obra.
Unha lectora precoz...
"E por que leo?
Leo porque tiven a sorte de descubrir a maxia dende pequena. Porque tiven un avó que se inventaba historias. Porque tiven unha nai que cada noite sentaba aos pés da miña cama e me lía poesías"
"Leo porque quero cambiar o mundo, leo porque necesito facer habitable o meu mundo"
"Entón, por que escribo? Porque sentín a necesidade de me ler a min mesma"
"Un idioma é algo precioso, único, o froito de séculos de traballo,
cultura, discusións e consenso"
domingo, 26 de abril de 2026
O xardín de Rosalía
Ola mosteiriñas e mosteiriños!
O noso xardín de Rosalía xa é unha realidade. Podemos dar un paseíño por el e desfrutar da súa poesía e das flores preferidas dela.
Acercádevos...
Coa axuda de Toni temos construído este recuncho de calma. Grazas Toni!
jueves, 26 de febrero de 2026
Ola, Rosalía!
Ola, mosteiriñas e mosteiriños!
Un ano máis estamos celebrando a obra de Rosalía de Castro!
Esta vez, achegámonos a ela a través das plantas.
Rosalía de Castro, como boa romántica, estaba moi interesada nas plantas, que aparecen abundantemente na súa obra.
Sabemos que as flores que máis lle gustaban a Rosalía eran os pensamentos, pero foron as rosas as máis presentes nos seus escritos. A rosa conta cunha gran tradición literaria en Occidente e, ademais, ela xoga co nome da flor e co seu nome propio.
Despois das rosas, aparecen as árbores. Os carballos, son os segundos. Incluso, en "En orillas del Sar", arremete contra a súa talla. Rosalía ecoloxista!
Os toxos, as silveiras, as flores ventureiras, as herbas dos cemiterios e os valados, as hortalizas como a verza e cereais coma o trigo tamén son protagonistas.
Seguirémosvos contando deste proxecto con Rosalía...
Inspirados na Exposición o "Herbario de Rosalía". Clicade enriba para coñecer máis.
sábado, 14 de febrero de 2026
No Entroido!
sábado, 7 de febrero de 2026
Entroido no Mosteiro!
Ola, Mosteiriñas e Mosteiriños!
Chega o Entroido!! Esta festa tradicional que desfrutamos tanto no Mosteiro!
Estamos preparados e dispostas para o Entroido 2026!!
O noso Meco luce desde o venres 6 de febreiro na entrada do noso cole para lembrarnos a troula e os seus mandadiños para a proxima semana...
- Luns:
"Para non ter un "traspés",
vén coa roupa do revés"
- Martes:
"Aínda que moito te espante,
has de vir moi elegante"
- Mércores:
"Lucirás fenomenal
cun peiteado orixinal"
- Xoves:
"Enche o Entroido de alborozo
engalanando o teu pescozo"
E, o venres?
"Liberdade terás!
O teu disfrace?
Ti verás!"
Pasearemos por Bembrive (se o tempo nos deixa) e logo, xuntos e xuntas, gozaremos coas filloas, flores, orellas... os xogos, o baile...
A troulear!!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




















.jpeg)






















