lunes, 30 de marzo de 2015

PIRULETAS DE CHOCOLATE

Un novo e doce Obradoiro da Escola Popular tivo lugar o pasado 25 de marzo. Como sempre resultou moi interesante, o o alumnado participante saíu moi satisfeito e desexando participar no seguinte. 














miércoles, 25 de marzo de 2015

CAMIÑO DA LINGUA


Actividade levada a cabo co grupo de 3º de primaria.
Ten como obxectivo principal o coñecemento da nosa localidade a través dun xogo similar ao xogo da oca. Terán que demostrar igualmente un bo manexo da lingua galega.
Os nen@s, divididos en dous equipos, enfréntanse a preguntas sobre os principais monumentos, prazas, rúas… da nosa cidade, a probas físicas e a xogos de habilidade.

Resultou moi motivador e atractivo por tratarse dun xogo , aínda que algo longo na súa duración.







domingo, 8 de marzo de 2015

NUBES DE FROITA

Un novo obradoiro da Escola Popular tivo lugar o día 4 de marzo. Nesta ocasión, como podedes ver nas imaxes, fixeron unha receita moi saborosa .
Ahí a tedes , para que os que non puideron asistir, se animen a facela. 


Ingredientes:

* 150 gr amorodos maduros ou 1 limón.
* 250 gr azucre.
* 15 gr xelatina en follas.
* 1 clara de ovo.
* 60 gr auga aproximadamente.
* Azucre en pó.
* Triturar os amorodos e coar para quitar as pebidas, poñelos nun cazo coa auga e o        azucre, cocer ata facer un xarope. 
* Mentras hidratar as follas de xelatina en auga fria.
* Montar a clara a punto de neve forte.
* Cando o xarope esté morno engadimoslle a xelatina e remexemos ata que se disolva.
* Verteremos este preparado sobre a clara pouco a pouco sen deixar de batir durante       uns minutos.
* Verter nun molde, deixar arrefriar e cortar en anacos.
*  Envolvelas en azucre en pó.

Outro xeito é meter o preparado nunha manga pasteleira cunha boquilla grosa e lisa e facelas redondas, envolvelas tamén en azucre en pó.