miércoles, 15 de marzo de 2023

23 DE FEBREIRO - DÍA DE ROSALÍA


 
Compartimos un vídeo resumo dalgunhas actividades organizadas para a conmemoración do 23 de febreiro, día de Rosalía de Castro.

3º RETO: ADIVIÑA, ADIVIÑA... ONDE ESTOU?

Ola mosteiriños e mosteiriñas,

Xa estamos aquí cunha nova entrega: 3º RETO!

Os mestres/as da escola achegáronse ata algúns dos seus lugares favoritos da nosa contorna, fixeron unha foto e enviárona xunto coa seguinte pregunta: ADIVIÑA, ADIVIÑA... ONDE ESTOU?

Atrevédesvos con este desafío? Seguro que si! Pois prestade logo moita atención:

  • Observade ben a foto, investigade, consultade e, se averiguades de que lugar se trata, escribídeo nun papel xunto co voso nome e curso. Unha vez feito, xa podedes depositalo no sobre de RETOS que tedes na vosa aula.

  • Se ademais es un intrépido/a explorador/a, achégate, xunto coa túa familia, a ese mesmo lugar e toma unha foto para entregarlle ao teu titor/a (é válida como resposta correcta).

Queres participar? Debes entregar a túa resposta antes do 15 de abril. Tedes un mes para tentar resolver este terceiro reto antes de comezar co seguinte. Doado, verdade?

Desta volta soamente teredes que resolver 4 RETOS. Anímate e participa! Cada mes, o teu titor/a rexistrará no listado que estará exposto na aula os acertantes de cada RETO.

Moito ánimo mosteiriños e mosteiriñas.

É tempo de darlle á testa e, por suposto... Á LINGUA GALEGA!!!



PREME NA IMAXE PARA AMPLIAR ↑