martes, 3 de mayo de 2022

RETO 8: MAIO

Estimadas familias e alumnado,


Chegamos ao final deste camiño. Benvidos e benvidas ao 8º E ÚLTIMO RETO EN GALEGO deste curso 2021 - 2022. Despois de todos estes meses NORABOA e MOITAS FELICIDADES por chegar ata aquí, pola túa constancia e participación, polo teu traballo e esforzo mes a mes, reto a reto. Un merecidísimo aplauso para ti mosteiriño/a e para a túa familia por facer equipo e prestar a súa axuda cando resultou precisa👏

Imos logo a polo último impulso. Preparados e preparadas? Aquí o tedes!

Maio, mes importante para a nosa cultura e para as nosas letras. O día 17 deste mes conmemórase o Día das Letras Galegas, dedicadas este ano 2022 a F. M. Delgado Gurriarán, (non desvelamos o nome, ao resolver os retos entenderedes o motivo 😉) escritor galego e membro da Real Academia Galega.

Sobre o Día das Letras Galegas e os seus homenaxeados/as vai o noso último reto. Deixamos dúas propostas, unha para os rapaces e rapazas de primaria e outra para os mosteiriños/as máis pequenos do cole, os nenos e nenas de infantil. Convidámosvos a realizar as dúas se queredes.



Reto Ed. Primaria. Preme na imaxe para AMPLIAR ↑




Reto Ed. Infantil. Preme na imaxe para AMPLIAR ↑


Agardando polas vosas respostas! Tic, tac, tic, tac... o tempo empeza a correr! Antes do 28 de maio no sobre da túa aula a resposta debes poñer!

Mosteiriños e mosteiriñas... a darlle á 👅GALEGA!

Moitas grazas por acompañarnos ao longo deste curso en cada un dos retos 💙

Ata pronto 👋


martes, 5 de abril de 2022

RETO 7: ABRIL

Estimadas familias e alumnado,


Benvidos e benvidas a un novo RETO EN GALEGO, O 7º. Preparados e preparadas? Aquí o tedes!

No mes de abril, mes da poesía, as nosas propostas de reto van de ordenar versos para formar estrofas de coñecidas poesías. Temos 3 estrofas para o alumnado de primaria e dúas para o de infantil, pero se queredes facer todas, a por elas, seguro que o logrades!

Moi atentos e atentas aos pequenos detalles que poden ser de gran axuda: título da poesía, autor ou autora, maiúsculas, puntos... 👀

Shhh! Xa non damos máis pistas. Se precisades unha migalla de axuda, preguntade na casa que seguro que as vosas familias coñecen as estrofas destas afamadas poesías e escritores/as.



Agardando polas vosas respostas! Tic, tac, tic, tac... o tempo empeza a correr! Antes do 28 de abril no sobre da túa aula a resposta debes poñer!

Mosteiriños e mosteiriñas... a darlle á 👅GALEGA!

Vémonos no seguinte reto 👋


martes, 1 de marzo de 2022

RETO 6: MARZO

Estimadas familias e alumnado,

Comezamos o mes de marzo con novo reto, xa o 6º EN GALEGO. Imos a por el!

Neste mes de marzo o noso desafío vai dedicado a todas esas mulleres valentes, loitadoras, precursoras, inspiradoras... por todas as que fixeron, fan e farán camiño! 

Nesta ocasión, traemos dúas propostas. Como xa sabedes, unha para os mosteiriños e mosteiriñas de primaria e outra para os cativos e cativas de infantil. Coma sempre, se queredes realizar ambas, adiante! Agardamos as vosas respostas!

Se precisades un chisquiño de axuda, non dubidedes en preguntar as vosas familias, en equipo as investigacións son máis doadas 💫


Velaquí tedes as dúas propostas ↓


Reto Ed. Primaria. Preme na imaxe para AMPLIAR ↑



Reto Ed. Infantil. Preme na imaxe para AMPLIAR ↑





Agardando polas vosas respostas! Tic, tac, tic, tac... o tempo empeza a correr! Antes do 28 de marzo no sobre da túa aula a resposta debes poñer!

Mosteiriños e mosteiriñas... a darlle á 👅GALEGA!

Vémonos no seguinte reto 👋


sábado, 12 de febrero de 2022

23 DE FEBREIRO - DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Bo día a todos e todas!

O vindeiro 23 de febreiro conmemórase o día de Rosalía de Castro. Desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega non queremos deixar pasar esta data sen compartir con vós unha presentación con información e algúns datos singulares sobre esta notable escritora galega, figura de gran relevancia para a nosa cultura e as nosas letras.

Agardamos a desfrutedes!



Ata pronto mosteiriños e mosteiriñas.

Xa sabedes, a darlle á 👅 galega!

jueves, 3 de febrero de 2022

RETO 5: FEBREIRO

Estimadas familias e alumnado,

Novo mes, novo reto! En febreiro chega o Entroido, temática do noso 5º DESAFÍO EN GALEGO. Preparados e preparadas? Imos logo.

Nesta ocasión, traemos unha única proposta para todos os mosteiriños e mosteiriñas. Moi atentos e atentas, xa que require dun chisco de investigación 👀 pero sen dúbida o resolveredes xenial. Como se chaman e a onde pertencen os disfraces e máscaras da imaxe? Une cada imaxe co nome correspondente.

Se precisades, seguro que as vosas familias poden prestarvos unha migalla de axuda nas vosas pescudas😉


Velaquí o tedes ↓


Preme na imaxe para AMPLIAR ↑




Agardando polas vosas respostas! Tic, tac, tic, tac... o tempo empeza a correr! Antes do 28 de febreiro no sobre da túa aula a resposta debes poñer!

Mosteiriños e mosteiriñas... a darlle á 👅GALEGA e que viva o ENTROIDO!

Vémonos no seguinte reto 👋



martes, 11 de enero de 2022

RETO 4: XANEIRO

 Estimadas familias e alumnado,


Primeiro de todo desexarvos a todos e todas un moi feliz aninovo. Voltamos por aquí para compartir con vós o 4º RETO EN GALEGO, primeiro deste segundo trimestre. Preparados e preparadas?

Novamente traemos dúas propostas, unha delas para os mosteiriños e mosteiriñas máis pequenos do cole, os nosos nenos e nenas de infantil, e outra para os rapaces e rapazas de primaria.

Por suposto, como noutras ocasións, se queredes realizar os dous retos, ADIANTE!



Proposta Ed. Infantil. Preme para AMPLIAR ↑





Proposta Ed. Primaria. Preme para AMPLIAR ↑



Se non sabedes algunha resposta, seguro que as vosas familias poden axudarvos (un chisquiño 😉).


Agardando polas vosas respostas! Tic, tac, tic, tac... o tempo empeza a correr! Antes do 28 de xaneiro no sobre da túa aula a resposta debes poñer!

Mosteiriños e mosteiriñas... a darlle á LINGUA GALEGA!

Vémonos no seguinte reto 👋