jueves, 28 de mayo de 2015

UN MARCAPÁXINAS DE COIRO

O pasado mércores 27 de maio, celebrouse un novo obradoiro da Escola Popular. Nesta ocasión os alumnos asistentes realizaron un fermoso marcapáxina en coiro, coa forma dun ratiño.

Este foi o último obradorio do curso, e dende este blog,  queremos dar as grazas aos pais/nais que forman parte da comisión de Escola Popular, polo entusiasmo e cariño con que mes a mes preparan as actividades que realizan cos alumnos.






























lunes, 4 de mayo de 2015

BARQUIÑAS RECHEAS

No obradoiro do día 29 de abril, os alumnos participantes elaboraron a seguinte receita:

Ingredientes
-     6 ovos
-     75 gr bonito en aceite escurrido
-     6 olivas
-     3 culleradas de maionesa
-     2 culleradas tomate fritido
-     2 anchoas
-     3 lonchas queixo
-     3 lonchas xamón cocido
Cocemos os ovos aprox. 10 min. e quitámoslle as cascas. Partímolos pola metade e sacámoslle a xema que votaremos nunha cunca, engadirémoslle o bonito, as olivas e as anchoas picadas, as culleradas de maionesa e o tomate fritido,  remexemos  ben e pasamos pola batidora.
Recheamos as metades de ovo con esta mixtura e colocamoslle media loncha de queixo ou de xamón cocido a modo de vela.