jueves, 11 de diciembre de 2014

AS MAIMIÑAS

O martes 9 de decembro o grupo de animación  " As Maimiñas " visitou o noso colexio para sorprendernos cunha divertida obra.
Todo o alumnado de  Ed. Infantil, 1º  e  2º de primaria  asistimos a representación  da  obra      "  O soño de Zalo ".  Zalo é un cabalo moi simpático. Non é un cabalo como calquera outro, non.
Vive nunha granxa con outros animais, pero el non quere ser un cabalo. El soña con ser un camelo que reparta agasallos aos nenos.                                                                          Conseguirá Zalo facer realidade o seu soño?