A ciencia en galego
No Mosteiro realizáronse dous obradoiros promovidos polo departamento
de Normalización Lingüística do Concello de Vigo dentro da actividade “ A
ciencia en galego”.
“O noso litoral” estivo dirixido ao alumnado de 5º e 6º e
descubriunos o mundo dos nosos mares.
Para os nenos e nenas de 3º o obradoiro “Os nosos bosques” mostrounos a
riqueza que
atopamos no hábitat dos
bosques galegos: vacalouras, cogomelos, minerais, niños de paxaros, árbores...
Coidemos o noso entorno e gocemos del.