martes, 28 de septiembre de 2021

GALEGO NO MOSTEIRO: CURSO 21/22

 

BENVIDOS E BENVIDAS


Estimadas familias e alumnado, 

Comezamos novo curso e con el retomamos o noso blogue GALEGO NO MOSTEIRO 🎉

Este novo ano escolar comeza con moitas novidades, entre elas: os retos mensuais en galego!

Queredes participar? Si verdade? Moi atentos e atentas, deixamos unha breve explicación:

  • Os retos comezan en outubro e rematan en maio.
  • Publicarase un novo reto ao comezo de cada mes (ao longo da primeira semana).
  • Meditade ben a vosa resposta, consultade na casa coas vosas familias e cando a teñades segura...
  • Podedes depositala no sobre de retos que teredes nas vosas aulas.
Velaquí o sobre de retos ↑ Poderedes atopalo polas vosas aulas!
  • Moito ollo! 👀 Debedes deixar a vosa resposta no sobre de retos antes do día 28 de cada mes. Ademais da resposta, non esquezades por o voso nome, apelidos e curso.
  • Nun listado que teredes na aula aparecerá o alumnado que participe nos retos e os seus acertos.

Animádevos a participar! Ao final de curso teremos unha pequeniña sorpresa 🎁 para aqueles e aquelas que acerten todos (ou case todos) os retos.

Mosteiriños e mosteiriñas... a gozar coa LINGUA GALEGA 👅

Lembrade, vémonos en outubro co 1º reto. Agardámosvos!