jueves, 11 de diciembre de 2014

AS MAIMIÑAS

O martes 9 de decembro o grupo de animación  " As Maimiñas " visitou o noso colexio para sorprendernos cunha divertida obra.
Todo o alumnado de  Ed. Infantil, 1º  e  2º de primaria  asistimos a representación  da  obra      "  O soño de Zalo ".  Zalo é un cabalo moi simpático. Non é un cabalo como calquera outro, non.
Vive nunha granxa con outros animais, pero el non quere ser un cabalo. El soña con ser un camelo que reparta agasallos aos nenos.                                                                          Conseguirá Zalo facer realidade o seu soño?































jueves, 27 de noviembre de 2014

2º de Primaria elabora crema dentífrica

Os nenos e nenas de 2º de primaria participamos no colexio nun obradoiro de ciencias: elaboración de crema dentífrica.

Dentro das actividades ofertadas polo departamento de Normalización Lingüística do Concello de Vigo fomos beneficiados con esta actividade que xusto coincide co noso traballo na aula sobre os dentes e a súa función no aparato dixestivo.

O xoves, 6 de novembro, poidemos elaborar a nosa pasta dentífrica entre todos, aprender sobre a orixe e os beneficios dos ingredientes,  para logo levar a casa unha mostra. Agora hai que usala.

A ver que dentes máis limpiños imos lucir!!!

Despois das fotos tedes a receita!!























Aquí tedes a receita que elaboramos no obradoiro.

PASTA DENTÍFRICA

      INGREDIENTES.

- Auga.
- Sal.
- Bicarbonato sódico.
- Arxila branca (uso alimentario).
- Aceite esencial de limón.

      PREPARACIÓN.

Nun recipiente, botamos medio litro de auga e unha culler de sal. Disolvemos removendo. Botamos unha culler de bicarbonato sódico. Seguimos revolvendo.

Noutro recipiente, botamos 5 o máis culleradas de arxila (segundo a cantidade de pasta que necesitemos elaborar).

Facemos un burato no centro da arxila para botar un pouco do preparado do recipiente da auga. Remexemos ata facer unha pasta. Iremos engandindo a auga que necesitemos para facer unha boa pasta.

 Para que ula ben, engadimos 2 pingas de aceite esencial de limón. Remexemos outra vez e...

XA ESTÁ LISTA PARA USAR!!

ELABORACIÓN DE SALES DE BAÑO

Querédesvos relaxar?
Hoxe os alumnos de 5º de primaria tivemos un obradoiro, ofertado polo Departamento de Dinamización Lingüística do Concello de Vigo, onde nos ensinaron a facer unhas sales de baño moi relaxantes.
Aquí tedes a receita:
       
        INGREDIENTES
              - Sal.
              - Herbas aromáticas.
              - Colorante alimentario.
              - Aceite esencial de laranxa.
              - Un anaco de tea e cordel.

        ELABORACIÓN
                - Nun recipiente metemos sal e engadimos unhas gotas de colorante.
                - A continuación, mesturamos e esnaquizamos por riba herba luísa.
                - Remexemos e engadimos o aceite esencial de laranxa.
                - Axitamos e xa podemos disfrutar dun baño relaxante coas nosas sales.













martes, 25 de noviembre de 2014

Elaboración dun centro de mesa.

Este luns, 24 de novembro, comezaron os obradoiros da Escola Popular.
Achégase o Nadal, e que mellor xeito de ir preparándoo que facendo un fermoso centro de mesa con follas, cocas de carballo, piñas, acrivro, acacias,...
Como podedes ver nas fotos, os alumnos participantes amosaron moito interese. 
Os resultados foron espectaculares!!
Unha vez máis, os pais do Mosteiro demóstrannos que son uns artistas.












O próximo obradorio será o mércores, 13 de decembro, para os alumnos de 1º e 2º de primaria.
Esperámosvos !