miércoles, 1 de diciembre de 2021

RETO 3: DECEMBRO

Estimadas familias e alumnado,


Novamente por aquí para compartir con vós o 3º RETO EN GALEGO, último deste primeiro trimestre. Preparados e preparadas? Imos logo!

Nesta ocasión, traemos unha única proposta para os nosos queridos mosteiriños e mosteiriñas. Adiviña adiviñando, a solución atopando... sabedes xa que pode ser?

Pois si! Unhas cantas adiviñas cunha temática que seguro coñecedes ben, xa que no cole Mosteiro xa se respira certo ambiente festivo 🎄🎉

Se non sabedes algunha resposta, seguro que as vosas familias poden axudarvos (un chisquiño) 😉



Preme na imaxe para AMPLIAR ↑



Desexando ver as vosas respostas. Tic, tac, tic, tac... o tempo empeza a correr! Este mes, por mor das vacacións, antes do 21 de decembro no sobre da túa aula a resposta debes poñer!

Mosteiriños e mosteiriñas... a darlle á LINGUA GALEGA!

Vémonos no seguinte 👋