sábado, 16 de mayo de 2026

O Mio das Letras III

        Ola mosteiriñas e mosteiriños!

        

         Aquí temos o noso Maio despois de pasar polas mans de todos e de todas nós! 

         Grazas pola colaboración de alumnos/as, papás e mamás, profes e Toni.

          Por fin chegou o día da nosa celebración. O venres, 15 de maio fusionamos a nosa festa dos Maios coa conmemoración das Letras Galegas no...


"MAIO DAS LETRAS"





             Agradecemos moito a presenza, as súas ensinanzas, o seu himno, a súa música... a Marcos Castro (ben acompañado ao bombo e ao tamboril).




         Aquí tedes en documentos fotográficos a nosa celebración.
















          O momento máis emotivo! Cantando o himno de Bembrive!




   Feliz Día das Letras Galegas!

viernes, 8 de mayo de 2026

O Maio das Letras II

       Ola mosteiriñas e mosteiriños!

       Este curso é ano de Maios no cole!




       Estamos a preparar a nosa celebración para o próximo venres, 15 de maio de 2026 e entre todos elaboraremos o noso Maio!!


O Maio das Letras I

        Ola mosteiriñas e mosteiriños!

        Este ano, a Real Academia Galega da Lingua Galega dedica o Día das Letras Galegas a Begoña Caamaño.



         "Escribo porque leo"


       Unha viguesa, literata e xornalista. 

       Aquí tedes un vídeo que nos fala da súa vida e da súa obra.  

  


 

         Unha lectora precoz...


"E por que leo?

       Leo porque tiven a sorte de descubrir a maxia dende pequena. Porque tiven un avó que se inventaba historias. Porque tiven unha nai que cada noite sentaba aos pés da miña cama e me lía poesías"


  "Leo porque quero cambiar o mundo, leo porque necesito facer habitable o meu mundo"


"Entón, por que escribo? Porque sentín a necesidade de me ler a min mesma"






"Un idioma é algo precioso, único, o froito de séculos de traballo,

                         cultura, discusións e consenso"







domingo, 26 de abril de 2026

O xardín de Rosalía

       Ola mosteiriñas e mosteiriños!

       O noso xardín de Rosalía xa é unha realidade. Podemos dar un paseíño por el e desfrutar da súa poesía e das flores preferidas dela. 



          Acercádevos...




     

 

        

         Coa axuda de Toni temos construído este recuncho de calma. Grazas Toni!






       Aquí tedes as nosas flores, as de Rosalía...










jueves, 26 de febrero de 2026

Ola, Rosalía!

       Ola, mosteiriñas e mosteiriños!


       Un ano máis estamos celebrando a obra de Rosalía de Castro!




       Esta vez, achegámonos a ela a través das plantas.


       Rosalía de Castro, como boa romántica, estaba moi interesada nas plantas, que aparecen abundantemente na súa obra.


       Sabemos que as flores que máis lle gustaban a Rosalía eran os pensamentos, pero foron as rosas as máis presentes nos seus escritos. A rosa conta cunha gran tradición literaria en Occidente e, ademais, ela xoga co nome da flor e co seu nome propio.




        Despois das rosas, aparecen as árbores. Os carballos, son os segundos. Incluso, en "En orillas del Sar", arremete contra a súa talla. Rosalía ecoloxista!




        Os toxos, as silveiras, as flores ventureiras, as herbas dos cemiterios e os valados, as hortalizas como a verza e cereais coma o trigo tamén son protagonistas. 






            Seguirémosvos contando deste proxecto con Rosalía...

Inspirados na Exposición o "Herbario de Rosalía". Clicade enriba para coñecer máis.


       
 





sábado, 14 de febrero de 2026

No Entroido!

        Ola mosteiriñas e mosteiriños!

        Rematamos as festas do Entroido no cole e as continuamos nas nosas casas.
        Aquí tedes unha mostra desta semana no cole en fotografías.

LUNS

MARTES
MÉRCORES
XOVES
 




VENRES

Chegou o venres!


A "merendola"...









O baile...




Grazas ao equipo de baile e animación!








sábado, 7 de febrero de 2026

Entroido no Mosteiro!

         Ola, Mosteiriñas e Mosteiriños!


         Chega o Entroido!!  Esta festa tradicional que desfrutamos tanto no Mosteiro!


        Estamos preparados e dispostas para o Entroido 2026!!



        O noso Meco luce desde o venres 6 de febreiro na entrada do noso cole para lembrarnos a troula e os seus mandadiños para a proxima semana...



                                                 - Luns: 
                                        "Para non ter un "traspés",
                                          vén coa roupa do revés"

- Martes: 
"Aínda que moito te espante, 
 has de vir moi elegante"

- Mércores:
"Lucirás  fenomenal
    cun peiteado orixinal"

- Xoves:
"Enche o Entroido de alborozo
 engalanando o teu pescozo"

E, o venres?
"Liberdade terás!
O teu disfrace?
Ti verás!"


      Pasearemos por Bembrive  (se o tempo nos deixa) e logo, xuntos e xuntas, gozaremos coas filloas, flores, orellas... os xogos, o baile...


A troulear!!!!



Recuncho de lectura en galego na biblioteca

        Ola, Mosteiriñas e Mosteiriños!

        Podedes seguir desfrutando das recomendacións de literatura en galego na nosa biblioteca. Neste caso, para o Primeiro Ciclo.