martes, 21 de mayo de 2019

XINCANA Antón Fraguas

Hoxe queremos amosarmos todo o que fixemos o xoves pasado ......Unha xincana moi divertida onde amosamos todo o que sabiamos de Antón Fraguas que non era pouco.


Fixemos doce probas na que por grupos e axudándonos uns a outros puidemos completar o CÓDIGO SECRETO que era o nome e apelido do autor.

Algunhas destas probas foron:

 Proba Nº1 : Concurso de preguntas KAHOOT nela tiñamos que respotar varias preguntas por cores e formas xeométricas onde só unha era certa .


Nenos e nenas de Infantil no Kahoot
Prona Nº 2: Unha mensaxe moi especial era a segunda proba na que os nenos e nenas escaneaban un código QR onde o mesmo Antón Fraguas facíanos preguntas.
Nenos/as de Infantil escoitando Antón Fraguas





Proba Nº 3: A quebrar as cabezas! Nela os nenos e nenas tiñan que facer un puzzle onde o resultado final era a imaxe de Antón Fraguas 
Nos/as de Primaria facendo o quebracabezas





Proba Nº 4; A correr! Ordear as letras era o obxectivo e así o fixeron! 


Proba Nº5: Pasapalabra! Respotar as preguntas coa letra asociada foi a proba a facer e fixeron moi ben!
Rosco de Antón Fraguas



Proba Nº 6: Resolve a encrucillada! Nela cada equipo debía resolver unha palabra do encrucillado. 




Proba Nº 7: Visita ao Museo do pobo Galego! na que os nenos e nenas debía emparellar imaxes dadas.

Proba Nº 8: Ollada ao traxe tradicional galego! Asociar palabras e imaxe dos traxes tradicionais galegos 

Proba Nª 9 e 10: Cantar e adiviñar eran os retos desta proba e saíron xenial!

Proba Nº 11 e 12: na que fixeron o xogo popular "Que che toque, que non te toque" e buscar pistas de obxectos tradicionas galegos.




Dende o Equipo de DINAMIZACIÓN LINGUÍSTICA damos os PARABÉNS a todos os nenos/as do CEIP MOSTEIRO por  a súa entrega e entusiasmo en facer e completar as probas!


PARABÉNS RAPACES E RAPAZAS !!

No hay comentarios:

Publicar un comentario