viernes, 17 de mayo de 2024

O Día das Letras Galegas

       Bo día, mosteiriñas e mosteiriños!

       Hoxe é o Día das Letras Galegas e desexamos que sexa moi feliz para todos e para todas!


        Así lucen as colaxes feitas por todas as clases do cole! 

        En primeiro lugar, a homenaxeada deste ano: 

Luísa Villalta.


        Séguenlle outros e outras homenaxeados/as anteriormente.






           





            Podedes desfrutar destas colaxes xa que as tedes expostas na parede custodiada por dona Rosalía de Castro.



sábado, 11 de mayo de 2024

As Letras Galegas no Mosteiro!

        Bo día, mosteiriñas e mosteiriños!

     Seguimos no mes de maio... celebrando o Día das Letras Galegas. O próximo 17 de maio homenaxeamos á escritora galega Luísa Villalta Gómez

     Se queredes coñecela un pouco, deixámovos un enlace á páxina da Real Academia Galega (Primavera das Letras). Clicade enriba da foto.


     Neste vídeo podedes achegarvos á súa vida. No cole, estamos a coñecela como escritora, profesora de galego e violinista.


     
     Desde o equipo de Dinamización Lingüística propoñemos a cada clase do cole elaborar unha colaxe sobre un autor ou unha autora homenaxeados no Día das Letras Galegas, comezando por Luísa Villalta. Pronto teredes neste blog unha mostra destes traballos artísticos.

   Feliz Día das Letras Galegas!!



        

A CELEBRACIÓN DOS MAIOS!

         Ola, mosteiriñas e mosteiriños!
        Aquí tedes unha mostra da preparación e celebración do noso Maio o venres, 3 de maio de 2024. Canto desfrutamos!