viernes, 14 de diciembre de 2018

As nosas entrevistas

Con motivo do 50  aniversario do cole, os nenos e nenas do Mosteiro entrevistaron a pais, nais, avós e mesmo veciños, para coñecer como eran as escolas antes. Aquí tedes unha mostra do seu traballo.








martes, 10 de abril de 2018

Oficios para eles e elas

Dende o equipo de dinamización  programouse a actividade "oficios para eles e elas" e cada curso elaborou un lapbook sobre diferentes oficios tradicionais e actuais.

Noraboa a todos polo voso traballo !















miércoles, 17 de enero de 2018

A CIENCIA EN GALEGO




A ciencia en galego 

No Mosteiro realizáronse  dous obradoiros promovidos polo departamento de Normalización Lingüística do Concello de Vigo dentro da actividade “ A ciencia en galego”.

“O noso litoral” estivo dirixido ao alumnado de 5º e 6º e descubriunos o mundo dos nosos mares.
Para os nenos e nenas de 3º  o obradoiro “Os nosos bosques” mostrounos a riqueza  que 
atopamos no hábitat dos bosques galegos: vacalouras, cogomelos, minerais, niños de paxaros, árbores...


Coidemos o noso entorno e gocemos  del.













                                      


miércoles, 15 de marzo de 2017

XOGOS DE MESA

Na sesión de elaboración de xogos do mes de marzo, realizamos un xogo de damas e un tres en raia.










domingo, 19 de febrero de 2017

XOGOS

Deixamos a cociña e adentrámonos nas sesións de xogos populares. Esta vez tocoulles os menos e nenas de 3º que elaboraron dous xoguetes tradicionais.









domingo, 22 de enero de 2017

CESTA DE OVOS

Neste mes de xaneiro tocoulle cociñar os nenos e nenas de 1º, fixeron unha cestiña de ovos do mais pintoresca.







lunes, 19 de diciembre de 2016

COCIÑA DE NADAL

Neste mes de decembro tocoulle o turno a clase de 4º de primaria, cociñaron una receta navideña.