Ola mosteiriñas e mosteiriños!
Rematamos as festas do Entroido no cole e as continuamos nas nosas casas.
Aquí tedes unha mostra desta semana no cole en fotografías.
 |
| LUNS |
 |
| MARTES |
Chegou o venres!
A "merendola"...
O baile...
Grazas ao equipo de baile e animación!
Ola, Mosteiriñas e Mosteiriños!
Chega o Entroido!! Esta festa tradicional que desfrutamos tanto no Mosteiro!
Estamos preparados e dispostas para o Entroido 2026!!
O noso Meco luce desde o venres 6 de febreiro na entrada do noso cole para lembrarnos a troula e os seus mandadiños para a proxima semana...
- Luns:
"Para non ter un "traspés",
vén coa roupa do revés"
- Martes:
"Aínda que moito te espante,
has de vir moi elegante"
- Mércores:
"Lucirás fenomenal
cun peiteado orixinal"
- Xoves:
"Enche o Entroido de alborozo
engalanando o teu pescozo"
E, o venres?
"Liberdade terás!
O teu disfrace?
Ti verás!"
Pasearemos por Bembrive (se o tempo nos deixa) e logo, xuntos e xuntas, gozaremos coas filloas, flores, orellas... os xogos, o baile...
A troulear!!!!
Ola, Mosteiriñas e Mosteiriños!
Podedes seguir desfrutando das recomendacións de literatura en galego na nosa biblioteca. Neste caso, para o Primeiro Ciclo.
Ola, mosteiriños e mosteiriñas!
O Magosto é unha festa moi antiga. Con ela festéxase a recollida dos froitos do outono, sobre todo da castaña, froito fundamental durante moito tempo aquí en Galicia e, tamén, a chegada do frío. Celébrase polo san Martiño, e xusto ese foi o día escollido, o 11 de novembro, para celebralo no colexio.
Ademais de comer castañas asadas, tamén desfrutamos de moitos xogos cuns monitores de excepción, cos compañeiros/as de sexto de primaria da "comisión de festas do Magosto".
Aquí tedes á "Comisión de Festas do Magosto".
Moitas grazas pola vosa dedicación!
Ola, mosteiriñas e mosteiriños!
Benvidos e benvidas a un novo curso no Mosteiro!
Temos novas!
Na biblioteca podedes atopar, durante todo o curso, lecturas escollidas para vós... en galego!
Neste momento xa podedes desfrutar dunha recomendación para Infantil: no espello, a invitación e, no atril, o libro.
Segue a frecha:
"Le en galego!
Hai maxia en cada páxina"
Bo día, mosteiriñas e mosteiriños!
O 17 de maio de 2025 volvemos celebrar este día tan importante para nós, como galegas e como galegos.
O próximo sábado homenaxeamos á poesía popular oral, personificada en:
- Adolfina e Rosa Casás, de Cerceda.
- Eva Castiñeiras, de Muxía.
- Manuela Lema e Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda, integrantes das Pandeireteiras de Mens (Malpica).
A Real Academia Galega quere recoñer a importancia da poesía popular oral, que acompaña a nosa sociedade desde sempre.
Se queredes coñecer un pouco máis, clicade enriba da imaxe.
Ola, mosteiriñas e mosteiriños!
A Real Academia Galega de Belas Artes, creada en 1849 para traballar en prol das artes e do patrimonio cultural galego, na súa asemblea do 31 de xaneiro de 2015, decidiu instituír o "Día das Artes Galegas"
Escolleron o día 1 de abril en memoria da mesma xornada do ano 1188. Esta data aparece nos dinteis do Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago de Compostela, con ela certifícase que a obra foi dirixida polo Mestre Mateo e rematada nese día.
Este ano, 2025 a figura homenaxeada será ISAAC DÍAZ PARDO.
Clica no cadro e coñece un pouco máis ao artista (Vídeo curtiño realizado polo centenario do seu nacemento).
Desde o cole quixemos achegarnos ao artista desde a súa faceta importantísima na cerámica galega, en Sargadelos. Ademais dunha empresa, concebíu Sargadelos como centro de investigación, tecnoloxía, deseño e difusor das artes e da cultura galega.
Clica enriba da imaxe para visionar un paseo pola obra de Isaac Díaz Pardo.
Axiña incluiremos unha mostra dos traballos realizados nun obradoiro de creación de imáns de arxila, na honra ao ceramista.