Entroido no Mosteiro!
Ola, Mosteiriñas e Mosteiriños!
Chega o Entroido!! Esta festa tradicional que desfrutamos tanto no Mosteiro!
Estamos preparados e dispostas para o Entroido 2026!!
O noso Meco luce desde o venres 6 de febreiro na entrada do noso cole para lembrarnos a troula e os seus mandadiños para a proxima semana...
- Luns:
"Para non ter un "traspés",
vén coa roupa do revés"
- Martes:
"Aínda que moito te espante,
has de vir moi elegante"
- Mércores:
"Lucirás fenomenal
cun peiteado orixinal"
- Xoves:
"Enche o Entroido de alborozo
engalanando o teu pescozo"
E, o venres?
"Liberdade terás!
O teu disfrace?
Ti verás!"
Pasearemos por Bembrive (se o tempo nos deixa) e logo, xuntos e xuntas, gozaremos coas filloas, flores, orellas... os xogos, o baile...
A troulear!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario