jueves, 27 de noviembre de 2014

2º de Primaria elabora crema dentífrica

Os nenos e nenas de 2º de primaria participamos no colexio nun obradoiro de ciencias: elaboración de crema dentífrica.

Dentro das actividades ofertadas polo departamento de Normalización Lingüística do Concello de Vigo fomos beneficiados con esta actividade que xusto coincide co noso traballo na aula sobre os dentes e a súa función no aparato dixestivo.

O xoves, 6 de novembro, poidemos elaborar a nosa pasta dentífrica entre todos, aprender sobre a orixe e os beneficios dos ingredientes,  para logo levar a casa unha mostra. Agora hai que usala.

A ver que dentes máis limpiños imos lucir!!!

Despois das fotos tedes a receita!!























Aquí tedes a receita que elaboramos no obradoiro.

PASTA DENTÍFRICA

      INGREDIENTES.

- Auga.
- Sal.
- Bicarbonato sódico.
- Arxila branca (uso alimentario).
- Aceite esencial de limón.

      PREPARACIÓN.

Nun recipiente, botamos medio litro de auga e unha culler de sal. Disolvemos removendo. Botamos unha culler de bicarbonato sódico. Seguimos revolvendo.

Noutro recipiente, botamos 5 o máis culleradas de arxila (segundo a cantidade de pasta que necesitemos elaborar).

Facemos un burato no centro da arxila para botar un pouco do preparado do recipiente da auga. Remexemos ata facer unha pasta. Iremos engandindo a auga que necesitemos para facer unha boa pasta.

 Para que ula ben, engadimos 2 pingas de aceite esencial de limón. Remexemos outra vez e...

XA ESTÁ LISTA PARA USAR!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario