lunes, 4 de mayo de 2015

BARQUIÑAS RECHEAS

No obradoiro do día 29 de abril, os alumnos participantes elaboraron a seguinte receita:

Ingredientes
-     6 ovos
-     75 gr bonito en aceite escurrido
-     6 olivas
-     3 culleradas de maionesa
-     2 culleradas tomate fritido
-     2 anchoas
-     3 lonchas queixo
-     3 lonchas xamón cocido
Cocemos os ovos aprox. 10 min. e quitámoslle as cascas. Partímolos pola metade e sacámoslle a xema que votaremos nunha cunca, engadirémoslle o bonito, as olivas e as anchoas picadas, as culleradas de maionesa e o tomate fritido,  remexemos  ben e pasamos pola batidora.
Recheamos as metades de ovo con esta mixtura e colocamoslle media loncha de queixo ou de xamón cocido a modo de vela.













No hay comentarios:

Publicar un comentario