Ola mosteiriños e mosteiriñas,
Xa estamos aquí cunha nova entrega: 4º RETO!
Os mestres/as da escola achegáronse ata algúns dos seus lugares favoritos da nosa contorna, fixeron unha foto e enviárona xunto coa seguinte pregunta: ADIVIÑA, ADIVIÑA... ONDE ESTOU?
Atrevédesvos con este desafío? Seguro que si! Pois prestade logo moita atención:
- Observade ben a foto, investigade, consultade e, se averiguades de que lugar se trata, escribídeo nun papel xunto co voso nome e curso. Unha vez feito, xa podedes depositalo no sobre de RETOS que tedes na vosa aula.
- Se ademais es un intrépido/a explorador/a, achégate, xunto coa túa familia, a ese mesmo lugar e toma unha foto para entregarlle ao teu titor/a (é válida como resposta correcta).
Queres participar? Debes entregar a túa resposta antes do 20 de maio. Tedes un mes para tentar resolver este cuarto e último reto. Doado, verdade?
Anímate e participa! Cada mes, o teu titor/a rexistrará no listado que estará exposto na aula os acertantes de cada RETO.
PREME NA IMAXE PARA AMPLIAR ↑ |
Moito ánimo mosteiriños e mosteiriñas.
É tempo de darlle á testa e, por suposto... Á LINGUA GALEGA!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario