sábado, 23 de noviembre de 2024

O noso logotipo!

Ola, mosteiriñas e mosteiriños! 

Por fin, xa temos o noso emblema, o símbolo que representa ao equipo de Dinamización Lingüística, a "Galego no Mosteiro". O curso pasado realizouse un concurso no colexio e, entre todas as boas ideas presentadas, atopamos o logotipo gañador. Moitas grazas aos/ás participantes, foi moi difícil elixir!

Tedes expostas no cole todas as aportacións.




Xa podemos ver o noso logo en forma de selo no "lectómetro de galego" que comezamos a utilizar nesta semana.

 Boa lectura en galego!


viernes, 22 de noviembre de 2024

O Samaín no Mosteiro!

Benvidas mosteiriñas! Benvidos mosteiriños!

Un novo curso, un novo Samaín para celebrar todo o colexio!



Desde o equipo de Dinamización Lingüística queremos agradecervos a vosa marabillosa e artística resposta á nosa petición de traer ao cole unha cabaza decorada para engalanar os nosos corredores. 
















Ademais, puidemos "desfrutar" dunha cita especial o día 31 de outubro...




                            Pasámolo de medo!