Ola, mosteiriñas e mosteiriños!
Por fin, xa temos o noso emblema, o símbolo que representa ao equipo de Dinamización Lingüística, a "Galego no Mosteiro". O curso pasado realizouse un concurso no colexio e, entre todas as boas ideas presentadas, atopamos o logotipo gañador. Moitas grazas aos/ás participantes, foi moi difícil elixir!
Tedes expostas no cole todas as aportacións.
Xa podemos ver o noso logo en forma de selo no "lectómetro de galego" que comezamos a utilizar nesta semana.
Boa lectura en galego!



No hay comentarios:
Publicar un comentario