Ola, de novo, mosteiriñas e mosteiriños!
Un ano máis, o 23 de febreiro, lembramos e homenaxeamos á nosa escritora máis importante. Un día como hoxe de 1837 nacía Rosalía de Castro en Santiago de Compostela.
Este curso quixemos afondar na influencia da autora no eido musical. Cada clase traballou un poema musicalizado ou unha cantiga inspirada na vida e na obra de Rosalía. O traballo quedou recollido nunha portada e nunha imitación dun disco de vinilo desa peza musical elixida.
Durante esta semana que rematou puidemos desfrutar da exposición conxunta, con todos os traballos, na biblioteca do colexio.
Aquí tedes cada un dos traballos expostos. Noraboa para todos e para todas!
Atención!! Se clicades enriba da imaxe poderedes acceder á cantiga e desfrutala!!













No hay comentarios:
Publicar un comentario